Sep 262010
 

Hoxe é o Día Europeo das Linguas, e espero que me disculpen por intentar publicar o mesmo arículo en inglés, galego e castelán. Isto é ,en parte, para apoiar a idea de Antonia Mochan de facer un día de blogs multilingüe para facilitar a busca de Rabindranath Tagore para os seus escritos (sobre todo no seu Bengalí nativo), para cruzar as fronteiras lingüísticas e como sinal de respecto a todos os lectores galegos e españois.

Quero agradecer a Enrique Nicanor, director do Festival de Cine Internacional de Ourense, non só a inclusión dunha sección “Homenaxe a Rabindranath Tagore” no festival deste ano para sinalar o aniversario do 150 nacemento de, xunto coa Biblioteca Tagore de Ourense, fundada por José Paz, senón tamén por invitarnos a Kaberi e a mín a participar nela.

O programa para a sección é a seguinte:

Sábado, 2 outubro
21:30 Cerimonia de apertura, na que Kaberi realizará dous bailes de Tagore para inaugurar a sección “Homenaxe a Tagore” – Auditorio Municipal

Domingo, 3 outubro
13:00-14:00 Homenaxe a Tagore, con José Paz, fundador da Biblioteca Tagore de Ourense, na que Kaberi e eu ofreceremos unha presentación ilustrada sobre a xornada de Tagore da poesía á danza, incluíndo aparicións en directo – Centro Cultural Deputación Ourense

Lunes, 4 outubro
20:00-22:00 Estrea da versión española de Shyama (traducida coa axuda do noso amigo Carlos Moreno-Leguizamon), presentada por min e por José Paz – Teatro Principal

Martes, 5 outubro
16:30-18:30 Masterclass: Shyama e a revolución dixital, na que relataréi como a nosa versión cinematográfica da “drama-musical” de danza clásica de Tagore é quizais, un dos primeiros filmes “dixitais end-to-end” que aproveita a produción, distribución global e oportunidades de promoción creadas pola revolución dixital para destacar a conciencia internacional sobre Tagore e a forma de danza creada por Tagore ao final da súa vida – Centro Cultural Deputación Ourense

17:00-19:00 Proxección de Charulata de Satyajit Ray (A muller solitaria), baseada no Nashtanir de Tagore (El nido roto) – Teatro Principal

Mércores, 6 outubro
17:00-18:15 Proxección de Monihara de Satyajit Ray (O Teen Kanya) baseada no conto de Tagore – Teatro Principal

Xoves, 7 outubro
17:00-19:30 Proxección de Ghare baire de Satyajit Ray (O mundo de Bimala) baseada na novela de Tagore – Teatro Principal

Venres, 8 outubro
17:00-17:30 Cerimonia de plantación de unha árbore ao estilo Tagore (Brikkhoropon), coreografiada e interpretada por Kaberi, que preparará un grupo de bailaríns da Escola de Danza e Teatro de Ourense  para dar os pasos da procesión

23:00-00:30 Proxección da versión española de Shyama – Cinebox 8

Sábado, 9 outubro
17:00-19:00 Proxección de Charulata de Satyajit Ray (A muller solitaria), baseada no Nashtanir de Tagore (El nido roto) – Teatro Principal

17:00-18:30 Proxección da versión española de Shyama – Cinebox 8

20:00-22:30 Proxección de Ghare baire de Satyajit Ray (O mundo de Bimala) baseada na novela de Tagore – Teatro Principal

Para aqueles que noten a ausencia no Festival do documental sobre Tagore feito en 1961 por Satyajit Ray para as celebracións do Centenario do nacemento (como a triloxía Kanye Adolescente), indicar que non foi posible atopar ata agora unha copia da película con calidade que poidera ser proxectada. Se podes axudarnos a atopar unha, por favor contáctanos.

Os aeroportos máis próximos a Ourense son Porto, en Portugal (que é servido por varias compañías aéreas internacionais, incluíndo a EasyJet e Ryanair), Vigo e Santiago de Compotela (que ten voos domésticos, principalmente de outras partes de España).

  One Response to “Homenaxe a Tagore no Festival de Cine Internacional de Ourense”

  1. […] Homenaxe a Tagore no Festival de Cine Internacional de Ourense … Tags: 'the, Making, Players', Satyajit, work'. This entry was posted on Sunday, September 26th, 2010 at 12:02 pm and is filed under DocShare. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site. […]

Leave a Reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: